As terceiras mulleres
Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervención histórica das mulleres como ´suxeitos´. Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares. En As terceiras mulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidio nas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativa de concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seu dobre sentido de ´xénero sexual´ e ´xénero literario´. A misteriosa raíña de Mallorca, o poema ´Dona Flamenca´ de Álvaro Cunqueiro e a canción de temática amorosa composta e interpretada por mulleres cubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamento literario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursos filosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2005 |
- Páginas: 156 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-771-5 |