Chile a la vista (bba)
Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile, son o xérmolo deste libro, escrito por Eduardo Blanco Amor como parte do importante traballo literario e xornalístico que desenvolveu en Sudamérica. Escrito cunha prosa tensa e penetrante que vai do ton poético máis fondo ao humor máis irresistible. Páxinas antolóxicas, coa requintada percepción da realidade dun pobo, unha xeografía e unha cultura. Segundo palabras do propio Blanco Amor, ´algunhas veces enredei máis tempo en ver unha vila Iquique, por exemplo do que un redactor de Life para todo un continente´.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 420 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-610-7 |