De catro a catro
Manuel Antonio deu ao prelo en 1928 un dos libros capitais da poesía galega. No seu momento supuxo o maior pulo para a renovación da nosa lírica. Escrito durante dúas travesías marítimas do autor nos anos anteriores, o mar é protagonista dun poemario que rompe coas formas e estilos máis tradicionais das nosas letras. De catro a catro, o único libro que publicou en vida, é a obra cume do seu autor e un dos exercicios poéticos máis influíntes na literatura galega posterior.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 116 |
- Dimensiones: 135x200 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-203-1 |