Escenografía
A escenografía converteuse nunha das cuestións fundamentais á hora de falarmos de teatro. Este libro desenvolve a proposta persoal e orixinal dunha ecenógrafa de prestixio: Pamela Howard.O resultado é unha avaliación sistemática dos métodos e o papel que desempeña tradicionalmente o deseño teatral. O texto arrequéntase con anécdotas e exemplos tirados da experiencia teatral da propia autora e máis do seu traballo como investigadora sobre o tema. Inclúense atractivos e interesantes debuxos do labor ecenográfico realizado pola propia autora.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 204 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-750-0 |