Invisible
Escrita seguindo o fío dunha narración en espiral, Invisible conta a historia de Adam Walker, un estudante da novaiorquina Universidade de Columbia que, nunha festa, coñece unha parella de franceses, o enigmático Rudolf Born e a sedutora e silandeira Margot. As relacións deste triángulo perverso van involucrar a Walker nun inesperado acto de violencia que alterará o curso da súa vida. Nesta novela, Paul Auster apreixa o lector nunha trama que se espalla desde os anos de oposición á guerra do Vietnam, na década de 1960, ata os inicios do século XXI.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 304 |
- Dimensiones: 210x135 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Eva Mª Almazán García |
- ISBN: 978-84-9865-249-9 |