A MONSTRUOSIDADE MODERNA
A realidade está sometida ao suxeito, só existe aquilo que este é quen de pensar, todo se organiza a partir da correlación entre suxeito e mundo. Esa é a razón de que o principio lexitimador da Idade Moderna sexa a liberdade, de aí a importancia que adquire a figura do artista.
Para achegarse a unha nova concepción da realidade que non dependa exclusivamente desa escisión entre suxeito e mundo, a argumentación que segue Carlos Lema neste libro organízase en tres partes, cada unha delas arredor dunha idea: comeza cunha teoría do suxeito como cidadán e artista, remata cunha reflexión sobre o que o autor denomina a consunción tardomoderna e sobre a absolutización da subxectividade na que se inclúe o contrafío das mulleres. No centro, vinculando as partes inicial e final, sitúase a representación como mediación que fai posible a relación entre a singularidade do cidadán-artista e o pacto moderno.
Co eixo situado na cuestión do pragmático, a primeira parte deste libro centra o debate en torno ao artista moderno. A continxencia, que todo o condiciona e todo o fai posible, transforma o pensamento en algo antidogmático e pragmático, de tal xeito que a deturpación pragmática da arte ten como resultado a produción da cousa mesma, é dicir, a representación como cousa que se emancipa de quen a pensa. Iso non significa que a pluralidade de perspectivas vaia ocupar o sitio da verdade, todo o contrario, esa pluralidade non sería posible sen unha norma de verdade potencialmente transcendente: a universalidade do disenso. Nese labor que ten como obxectivo facer o sublime accesible, a consagración do ser humano como artista sinala definitivamente o triunfo da monstruosidade moderna.

- Editorial: Euseino? |
- Páxinas: 316 |
- Dimensións: 135x185 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-945621-9-8 |