Nós
A colección recóllese nun álbum editado a iniciativa dun grupo de amigos de Castelao e sufragado por estes, nos prelos da ´Casa Hauser y Menet´ de Madrid. No prólogo do álbum, onde afirma que a obra foi composta entre os anos 16 e 18, explicita o senso que lle dera ao seu traballo e esboza unha xustificación da estética que o inspirara. Os temas que aparecen tocados en Nós son as lacras sociais da Galicia daquel tempo.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 106 |
- Dimensións: 335x240 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-7154-468-1 |