O vello e o mar
Un ano antes do centenario do seu nacemento, sae á luz, con O vello e o mar, o primeiro libro traducido ao galego dese representante da lost generation. É unha desas narracións das que só hai poucas en toda a historia da literatura, as que deixan un pouso na alma do lector grazas á súa estraña conxunción de sinxeleza e forza expresiva. Plasma a loita solitaria dun vello pescador coa natureza, unha loita existencial e sen reservas, que roza os fondos do ser humano. Este relato do escritor que buscaba na súa literatura escribir ´frases verdadeiras´ chega aos lectores galegos na excelente tradución de Carlos Casares.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 1998 |
- Páginas: 116 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-235-2 |