Poesía
A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en Poesía, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latín, o francés e o alemán. Así e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume ´non ofrece a obra poética completa´ de Otero Pedrayo aínda que recolla a totalidade dos poemas éditos e unha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritos certamente grande. Trátase dunha compilación ´representativa, no esencial, de Ramón Otero Pedrayo como poeta´ xa que, como afirma Alonso Montero, ´os textos que se exhumen no futuro limitaranse a reforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofrece da súa poesía´. Poesía como celebración e homenaxe, como meditación diante da paisaxe; versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 364 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9865-296-3 |