Sidecar
                            Pausas, fracasos, cimas e perdas son algúns dos lugares onde o lector poderá atopar os protagonistas destas historias. E aínda lle queda tempo ao autor para deixarnos tamén o seu testemuño do real en forma de conflito laboral, nota sobre a emigración, ou mesmo un breve ensaio sobre a imposición do ideal amoroso. Remiso á hora de pretender referentes, apúntanos, preguiceiro, o Banquete de Platón ´pola paixón polo viño, a carne e a conversa´ e o cine de Fellini ´cando se pon giallo´. Cando ten que deixarnos un enderezo xenérico escolle ´porno existencial, por dicir algo´.
                        
                        - Editorial: GALAXIA |
 - Año: 2009 |
 - Páginas: 168 |
 - Dimensiones: 120x220 |
 - Idioma: Gallego |
 - ISBN: 978-84-9865-175-1 |