Tras do solpor
En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2008 |
- Páginas: 220 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Álvarez Martínez, Gabriel; Imai, Mona |
- ISBN: 978-84-9865-111-9 |