O retorno dos homes mariños
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellorsabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata unmito coruñés esquecido: «As veces téñense visto nesta praia algúnspeixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra queteñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadandocomo as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes,chámanlles homes mariños.» Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo daCatedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señoraLaura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homesmariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela «A grantravesía de Chiruca Macallás», traballa nun taller téxtil. E «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, notaller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que achama: a canción do mar do Orzán.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 144 |
- Dimensiones: 155x230 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9121-819-7 |