Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

LOSADA, MARIO

A orde dos obxectos

A inclusión dos principios de ordenación no fluxo da existencia esixe revisar a premisa da separación e simplicidade do dado na realidade. Pois cando se parte dunha multiplicidade disxunta, cómpre buscar os principios de unidade noutro lugar.

Neste libro, a orde enténdese dun xeito dinámico, recuperándose así o senso primario do devir e da tempora­lidade. Seguindo a filosofía de Whitehead, Mario Losada estuda e analiza a emerxencia dos modos de ordenar o mundo. Os obxectos e as súas relacións pódense estabilizar, estender e decaer. A realidade concíbese como un proceso rítmico.

No tempo, o pasado acumulado é unha multiplicidade das entidades xa realizadas que se sintetiza nun proceso polo que devén unha unidade de experiencia. ¿Como se articula o devir? Na apropiación subxectiva de todo o pasado como obxecto.

O universo da obra excepcional de A. N. Whitehead desprégase nestas páxinas, ás que cómpre achegarse coma quen contempla por primeira vez a realidade.
  • Editorial: Euseino? |
  • Páginas: 126 |
  • Dimensiones: 135x185 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-121580-4-5 |