A princesa do Caurel
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da princesa do Caurel... E isto que é? Conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga... Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
- Editorial: OQO |
- Páxinas: 36 |
- Dimensións: 250x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-96573-52-9 |