RECTIFICAR A HISTORIA
Perguntémonos por que cómpre continuarmos a celebrar Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). Responderemos en forma de esquema que resume o sentido dos traballos compilados neste libro: a) porque o merecen a súa persoa e a súa obra; b) porque a súa vida e traxectoria abranxen un século XX á galega que coñeceu acontecementos fundamentais da nosa historia contemporánea, de que el foi testemuña e/ou protagonista, como membro activo do Seminario de Estudos Galegos e do nacionalismo dos anos 20 e 30; c) porque é artífice directo e perseverante da construción cultural galega dese século; d) por ser o escritor da súa xeración que máis e mellor contribuíu ao engrandecemento da literatura galega en todos os xéneros; e) porque a súa obra estritamente de creación literaria (poesía, teatro, narrativa) abondaría, alén da súa inmensa obra científica, para lle consagrar unha atención máis aló do Día das Letras Galegas.
- Editorial: Laiovento |
- Páginas: 214 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8487-519-2 |