 
                                                    
                        
                                            O GRAN LIBRO DAS NOSAS COUSAS
                            Está cheo de cousas marabillosas, algunhas naturais, outras fabricadas polo ser humano, pero todas elas únicas e moi valiosas. Este libro é unha viaxe ilustrada polas cousas do día a día, desde os pequenos insectos do xardín ata os xigantescos cachalotes do noso fondo mariño. O GRAN LIBRO DAS nosas COUSAS é un libro sobre todo o que nos rodea. Nel atoparás máis de 600 palabras divididas en 18 temas e acompañadas da súa ilustración correspondente, que che axudarán a coñecer e mellorar o teu vocabulario de maneira amena e divertida. Ademais inclúe a súa tradución ao inglés, para que poidas sacarlle aínda máis partido.
                        
                        - Editorial: Do cumio |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 290x320 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-8289-535-2 |
 
         
         
         
         
         
         
                             
                             
                             
                             
                             
                             
                     
                     
                     
                     
                     
                     
                    