Feros corvos
O 1 de maio de 1996, fúndase en Cee o Batallón Literario da Costa Morte, colectivo que en pouco máis de dous anos de actividade se converteu en símbolo da acción poética en Galicia. Agora, cando se cumpre o 25 aniversario da súa fundación, Chan da Pólvora Editora publica Feros corvos [Escrita visible do Batallón Literario da Costa Morte], un traballo da crítica literaria Teresa Seara que entón acompañou o colectivo e que agora reconstrúe aquela travesía nun libro onde escolma os poemas do Batallón e fai memoria, ao mesmo tempo, dun período marcado polo entusiasmo político e poético. Como complemento á publicación do libro, Chan da Pólvora Editora vai reproducir neste endrezo electrónico unha selección das fotos do colectivo, ás que se poderá acceder a través da web e tamén do QR que aparecerá no libro.
- Editorial: Chan da polvora |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-123183-8-8 |