Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Fante, John

A irmandade da uva

A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba. Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiración pola súa obr a, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a última escrita da súa man (antes de morrer publicaría outra que lle ditou á muller por mor da súa cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio. Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilísticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a súa historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, máis unha vez, os temas que máis o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicación, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo das letras. Así mesmo, cómpre non esquecer que a escrita supuña para Fante, en certa maneira, unha válvula de escape, pois malia a pátina de ficción que forzosamente imprimía ás súas creacións, non renuncia á carga autobiográfica que deita no seu personaxe protagonista, isto é, un pai alcólico, a fuxida da casa na mocidade, as penurias e os axustes de contas literarios, a redacción de guións cinematográficos, algunhas das experiencias amorosas e sexuais que viviu ou as súas orixes italianas.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 228 |
  • Dimensiones: 135x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: ESTÉVEZ IGLESIAS, ADRIÁN |
  • ISBN: 978-84-941211-4-2 |