Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Eiré López, Afonso

O Piloto. O último guerrilleiro

O Piloto, o último guerrilleiro
(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)
Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.
Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe.
Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.
O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas
súas particulares circunstancias.
Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en
organizarse en todo o estado e a última en desaparecer.
Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co ?novo nacionalismo?.
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páginas: 168 |
  • Dimensiones: 165x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-18966-32-3 |