Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

TAPAS #1

Tapas 1
Unha parte do todo

Na década dos 50, Luis Seoane publica en dous volumes, Libro de tapas (1953) e Segundo libro de tapas (1957), as cubertas que deseñara para a editorial Botella al mar, fundada en 1947 por Arturo Cuadrado e o propio Seoane. Nestas dúas publicacións, xunto con Figurando recuerdos, publicada polo selo Citania en 1959, que recollía as portadas elaboradas polo artista galego para a revista Galicia Emigrante, sintetízase a aportación de Seoane á época dourada da edición na Arxentina. A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recompilatorio que Luis Seoane transferiu a estes dous libros inspiran o proxecto TAPAS I. unha parte do todo, que reúne 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais, concibidos polos seus autores como pezas artísticas, nunha selección que inclúe obras dos galegos Rosendo Cid, Iván Nespereira, Jacobo Ameneiro e Xosé Lois Gutiérrez. A evolución do formato facilita deste xeito a construción da mensaxe que se quere trasmitir, reflectido nas descricións que galeristas, coleccionistas, artistas e particulares ofrecen dos seus libros, que se respectaron na exposición.

— Silvia Longueira e Jorge Blasco
Comisarios da mostra
Ficha
Ref:
f.13 Colección Somnámbulo Funámbulo
Título:
Tapas 1
Tirada:
300
Fotografías:
Jesús Madriñán
Autor:
Silvia Longueira, Jorge Blasco
Traducción inglés:
Fundación Luis Seoane
Idea editorial:
Silvia Longueira, Jorge Blasco, Cibrán Rico, Suso Vázquez
Deseño:
desescribir
Páxinas:
64
Tamaño:
350×570 mm
Idioma:
Galego / Inglés / Castelán
Impresión:
Rotativa
Sobrecuberta:
Papago 250 g/m²
Papeis:
Prensa 45 g/m²
Imprenta:
Galicia Editorial, Agencia Gráfica
ISBN:
978-84-124260-0-7
Notas:
Este libro foi publicado co gallo da exposición «Tapas 1. Unha parte do todo» que tivo lugar na Fundación Seoane dentro da programación do festival de fotografía FFOCO do 6 de novembro do 2021 ao 5 de marzo do 2022.
  • Editorial: Fabulatorio |
  • Idioma: castelán |