A música das palabras
«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal con Darío: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín..., ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e in
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 456 |
- Dimensiones: 170x240 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-1110-071-7 |