Herbas da noite
Na noite de San Xoán prodúcense distintas manifestacións de orixe pagá para celebrar o solsticio de verán: fogueiras para escorrentar os malos espíritos, rituais de fertilidade nas praias (o baño das nove ondas, por exemplo), esconxuros
Entre as máis difundidas está a recollida das herbas máxicas de San Xoán. Un ritual popular que consiste en apañar unha serie de herbas, follas e flores no serán da véspera do 24 de xuño, mergullalas en auga e poñelas a serenar durante a noite para lavar a cara pola mañá.
A guía reúne 27 plantas -coa súa denominación popular e latina-, ademais dos trazos morfolóxicos básicos e información sobre os seus usos máis populares, ditos e receitas.
As ilustracións que acompañan ás herbas pretenden iluminar o texto de xeito expresivo, máis que ser un reflexo fiel das plantas. Para quen queira visualizalas, o libro conta cun código QR que conduce a unha web coas súas imaxes.

- Editorial: Paula Lago |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-09-37448-9 |