Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

RAMON AREA

Sen alento

O aire, ás veces, deixa sen alento as persoas.
Ao seu través viaxan os virus, as palabras dos
profetas e as ordes dos gobernos. É quen de
mover os muíños para despois acubillar as liñas
infinitas dos cables eléctricos, testemuñas do
progreso e tamén da loita polos beneficios
económicos.
Ninguén asegura que o aire sexa invisible.
Quizais porque é o lenzo onde as imaxes desafían
a verdade. O pouco que nos deixa de seu son os
cheiros que recolle aquí e alá, un rastro que tenta
a nosa necesidade de achar orixes e significados.
O Atlántico cheira. A catedral ten arume propio
por baixo do botafumeiro, os curas, as monxas e
os peregrinos. Tamén olen os uniformes da garda
civil, as residencias para persoas maiores, os
cedros, os salmóns, as centrais eléctricas e mesmo
os meses do ano.
Os olores rodéannos sen deixar moita marxe para
evitalos, mesmo tapando o nariz. Por iso, cando
na vila comezaron os roubos nas vivendas dos
vellos, ao sarxento Fernández cheiroulle
a repugnancia. Lucía, pola contra, amosouse
decidida a rematar co mal olor.
Maila non ser decisións incompatibles, trazaban
destinos distintos para todos os que estaban na
obriga de compartir comarca e aire, fosen
apóstolos, pantasmas, herexes, mozos
prometedores, doentes dos bronquios,
empresarios de longo percorrido ou anciáns de
asilo e visita familiar o domingo á tarde.

Outra novela editada en Positivas: CAMIÑO NEGRO
  • Editorial: Positivas |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-124754-6-3 |