Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

PÉREZ PÉREZ, TITO | Torrado Queiruga, Patricia | Barral Calvo, Daniel | Rozados Rivas, Francisco | Brea Castro, Esteban | Mene Pazos, Álex | Portabale

A GARZA EN CHAMAS

Esta obra reúne os relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo entre os anos 2019 e 2021. Son, en total, nove creacións literarias.
Aquí atoparemos relatos fantásticos, contos de viaxes, historias de misterio, diarios íntimos... Mundos reais ou imaxinados poboados por personaxes dominados polas incertezas da existencia. As relacións paterno filiais, a rebeldía fronte ao sometemento, a soidade dun rural abandonado, os segredos de familia, as dificultades do amor, os días escuros do confinamento ou os traumas da emigración compoñen, entre outras, esta mostra coral e sedutora de historias que nos farán gozar e reflexionar a un tempo.
A garza, ese animal totémico que se erixiu en símbolo deste Certame, atrapou estas nove historias luminosas ao longo das súas últimas viaxes.
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 244 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-18567-21-6 |