Escóitasme? O inesperado laboratorio pedagoxigo
No mes de marzo de 2020, tras a implantación do estado de alarma por mor da COVID-19, a Fundación Luis Seoane poñía en marcha un laboratorio pedagóxico online co obxectivo de reunir a creadores e familias nunha actividade centrada na creatividade e no fomento da educación artística. Durante tres meses, máis de 22 artistas propuxeron aos participantes unha serie de retos semanais relacionados con disciplinas como o debuxo, a pintura, o deseño, a edición, o teatro, a fotografía, o collage, a poesía, a música, etc., sempre co universo de Luis Seoane como referente.
Escóitasme? formaría parte do arquivo COVID desenvolvido en 2021 no MUSAC de León, e un ano máis tarde transformaríase nunha exposición na Fundación Luis Seoane na que se amosaron ao público as obras elaboradas dentro desta proposta pedagóxica.
Tras a actividade online e a exposición, o laboratorio convértese agora nun libro que recolle as experiencias que se levaron a cabo desde o inicio do proceso, fai xa dous anos, ata o momento presente. O volume inclúe textos de Silvia Longueira e Fermín Blanco, coordinadores da actividade, así como os aspectos máis relevantes desta iniciativa.
- Editorial: Fundación Luis Seoane |
- Páginas: 384 |
- Dimensiones: 180x130 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Sánchez Fernández, Laura María |
- ISBN: 978-84-123974-3-7 |