Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Tonucci, Francesco

A cidade dos nenos

?A cidade dos nenos? é un proxecto impulsado en 1991
por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza.
Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia
para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos. A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo por numerosas cidades de Italia, España, Arxentina, Chile, Colombia, México, Paraguai, Uruguai e Perú.
Trátase da primeira tradución ao galego desta obra do prestixioso autor, colaborador de figuras tan destacadas como Gianni Rodari
e Mario Lodi. Saír sós da casa e ir á escola de xeito autónomo, recuperar o tempo de lecer, xogar no espazo urbano peonil
e deixarlles experimentar, son algúns retos da alternativa
á sobreprotección.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 150x215 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: MARTÍNEZ BALEIRÓN, MÓNICA |
  • ISBN: 978-84-8464-274-9 |