Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

XOSÉ LOIS GARCÍA

CANCIONEIRO PROFANO

Cancioneiro profano é un libro de poemas dividido en dous apartados diferenciados, por unha banda, un inicial “cancioneiro profano” marcado por versos de temática social, comunal coa súa xente e a súa paisaxe. Marcado este primeiro tramo de lectura por unha aceda crítica na que se mostra a nudez de cóengos, banqueiros, políticos... cunha sinxeleza formal para transparentar a ansia comunicativa da mensaxe. Son cantigas de desespero, de esmoleiros, de desposuídos e comestos por réditos, de paisaxes destruídas polo afán especulativo, cal pedras que nos atacan coa negrura humana e que nunca pasa de moda. Mentres, a segunda parte do poemario céntrase na temática amatoria nun “Cancioneiro de amor anticipado” con versos de amor lento e sedoso, que navegan polos ríos da pel, cunha paixón nada incómoda na que o pracer e o éxtase nace da mesma raíz dos cabelos. Do combate ao amor, como unha mensaxe á humanidade, esa que ansían os poetas novos e que Xosé Lois García viste nesta obra, como quen se ergue ilusionado para gozar dun novo amencer. Aberto á vida e ao mundo. Negrura e paixón, nuns versos que adquiren maior
  • Editorial: Fervenza |
  • Páxinas: 102 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: castelán |
  • Ilustración: Xosé Randolfe |
  • ISBN: 978-84-19840-06-6 |