Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

SWEDROWSKA,MALGORZATA | Bartosik,Joanna

IRMÁS E IRMÁNS

IRMÁS E IRMÁNS,
un conto para
primeiras lecturas:
«A unión é
a nosa forza»
Creado polas autoras polacas Malgorzata Swedrowska e
Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e rachando
cos clixés tradicionais, o día a día entre irmáns e irmás
vistos desde os ollos deles mesmos.
Traducidos do polaco ao galego por Ana Garrido.
Coa supervisión de María Reimóndez.
FICHA TÉCNICA 52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-51-3 PVP: 16 €
Capa dura. Cosidos con fío vexetal. Impresos en papel ecolóxico.
ALVARELLOS EDITORA: [email protected], 981 522 137
www.alvarelloseditora.gal
TEXTO CONTRACAPA
O MEU IRMÁN PARÉCESE A MIN.
ENTENDÉMONOS DE MARABILLA.
A MIÑA IRMÁ É DISTINTA A MIN.
COMPLEMENTÁMONOS PERFECTAMENTE.
CO MEU IRMÁN SALTO SOBRE NUBES.
COA MIÑA IRMÁ SOBREVOO MONTAÑAS.
TANTO TEÑEN AS NOSAS DIFERENZAS.
A UNIÓN É A NOSA FORZA.
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando o
día a día entre irmáns e irmás. Ollados desde o seu
propio punto de vista, vanse sucedendo situacións
divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos 3
anos. Este conto complétase con outros dous títulos
das mesmas autoras tamén publicados por Alvarellos
Editora no selo Verdemar: MAMÁS E PAPÁS e AVOAS E
AVÓS. Os tres foron traducidos ao galego, directamente
dende o polaco pola ?lóloga Ana Garrido.
Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias.
Quen é o meu irmán ou a miña irmá? Quen son as
persoas que me queren? Que fan cada día? Que
desexan?...
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 52 |
  • Dimensións: 200x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ANA GARRIDO |
  • Ilustración: Joanna Bartosik |
  • ISBN: 978-84-18567-51-3 |