Os migrantes
Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous
migrantes van chegar ao colexio. Migrantes? Como é a primeira vez que oen
esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados:
quizais sexan pasteis ou mascotas como os ourizos cachos ou talvez,
palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos...? Que ocorrerá
entón? Á mañá seguinte, tras entrar con medo na clase, coñecerán dous
compañeiros vindos de moi lonxe. A emoción ante o descubrimento que supón
unha nova amizade levaraos a esquecerse dos migrantes que, en realidade,
nin sequera chegan a aparecer.
Un álbum sobre como enfrontar ao descoñecido a través da ollada curiosa e
inocente da infancia. As ilustracións de Maria Girón, cheas de colorido,
expresividade e dinamismo, complementan á perfección esta proposta que
aborda de maneira orixinal o encontro co diferente e permite achegarse ao
tema con humor e intelixencia.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páginas: 40 |
- Dimensiones: 245x215 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: NICOLAS BALLESTEROS, IAGO |
- ISBN: 978-84-1343-251-9 |