Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Casalderrey, Fina

Lúas de nácara

O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo? Lúas de nácara, o último libro de Fina Casalderrey dentro da colección Fóra de Xogo, son cinco relatos unidos todos eles por estar feitos coa materia dos soños, do amor e da soidade, ambientados nesas horas de nácara en que as sombras cobran luz. Un libro para os lectores e lectoras que se atreven a sorprenderse e emocionarse.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 136 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8302-963-3 |