Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

MARTÍN I SERRA, MIQUEL

O atallo

O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz e o seu corpo, tamén a paisaxe na que se criou, transformada pola especulación inmobiliaria.

'O atallo' conseguiu un grande éxito de crítica e público e varios recoñecementos a obra publicada. Mereceu o Premio Maria Àngels Anglada e o Premio Setè Cel. Foi finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020.
  • Editorial: Aira editorial |
  • Páxinas: 136 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: XUBÍN, ISAAC |
  • Ilustración: MIGUEL ROBLEDO |
  • ISBN: 978-84-127695-7-9 |