Osa
Un álbum tenro e poético sobre a maternidade, un regalo ideal que pon en valor a calma e a serenidade da natureza. Osa está soa e coa chegada do frío e do inverno busca un bo lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho e a súa tripa axítase, e non é de fame. Unha nova primavera chegará para Osa, aínda que agora xa non estará soa O ciclo da vida e o da natureza fúndense nun relato tenro sobre a maternidade presentada como un acontecemento natural e sereno, un momento único de especial conexión entre unha nai e a súa cría. As ilustracións, delicadas, metafóricas e de gran forza poética e narrativa, cativarán lectores e lectoras de todas as idades.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páginas: 28 |
- Dimensiones: 235x270 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: RODRÍGUEZ, MANUELA |
- ISBN: 978-84-1343-289-2 |