Memorias dunha viaxe improvisada
O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a Phileas Fogg, Rogelio Borondo partira canda dous amigos cara a Francia, Suíza e Italia nunha viaxe que se fixara na mesma véspera da súa saída, tal como se declara no prólogo. Aínda que o autor reclama a benevolencia dos lectores e lles pide que non busquen no texto un elevado estilo literario, o relato resulta fascinante ó presentar ante os nosos ollos a experiencia dun viaxeiro galego de hai máis de cen anos.
- Editorial: Morgante |
- Páginas: 150 |
- Dimensiones: 130x220 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: BARCIA, MOISÉS |
- ISBN: 978-84-937816-6-8 |