O fabricante de sombreiros
O señor Martus sempre dicía que lle gustaría ter duascentas cabezas para lucir douscentos sombreiros ao mesmo tempo. Fabricou moitos, ao cal máis estrafalario. Os seus sombreiros eran para quitar o sombreiro. Tan extraordinarios que ata as cabezas de allo os levaban. Se queres coñecer algúns deles, entra neste libro. Pero antes deixa o teu sombreiro no colgadoiro do vestíbulo.
- Editorial: Baía edicións |
- Páxinas: 56 |
- Dimensións: 150x230 |
- Idioma: Galego |
- Ilustración: Pinto & Chinto |
- ISBN: 978-84-9995-449-3 |