As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?
O obxecto do presente traballo constituíu desde o primeiro momento unha tentativa de avaliar a existencia ou non de relación de colonialismo económico en Galicia, empregando como fío condutor as políticas europeas. Ao longo da obra o autor explica a forma en que se vertebra a xestión económica destas políticas por parte das administracións públicas dentro do marco de gobernanza europeo, estatal e autonómico, o que permitirá contrastar a realidade actual da execución dos fondos europeos cos conceptos que circundan á orde colonial. Con este fin explicativo da realidade, e cunha intención construtiva, realizouse unha fonda análise da execución das políticas europeas en Galicia desde unha perspectiva sistémica, poñendo no foco ás políticas de innovación empresarial, unha área fundamental para o desenvolvemento económico futuro da Comunidade Autónoma. A minuciosidade da descrición da execución dos recursos, dos axentes involucrados, das fraquezas identificadas e dos resultados dos programas analizados, permiten converter esta obra en única e singular polo intenso e complexo traballo de entrelazamento de datos provenientes dunha exuberante multiplicidade de fontes. Un traballo do máis apaixonante que vén poñer luz na interpretación das relacións económicas derivadas da xestión dos fondos europeos
- Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade |
- Páxinas: 117 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-1188-002-2 |