MEDO ME DÁ
Os monstros tamén teñen os seus medos; non todo vai ser temerlles a eles. O vampiro teme ao dentista, ao home lobo non lle gusta cortar o cabelo, a momia ten medo de envellecer...Pero esta noite celébrase o Samaín e, se queren gozar da festa, terán que superar eses medos. O que aínda non saben é que a sorpresa que os espera vai ser difícil de esquecer. Ramón D. Veiga obtivo con este libro o Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas.
- Editorial: Embora |
- Páxinas: 58 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- Ilustración: Nuria Díaz |
- ISBN: 978-84-19853-05-9 |