Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Tomé, Abel

A noite do oso

É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte…
Alexandra irá descubrindo os segredos da aldea de Caim nunha viaxe interior onde meditará sobre o pasado, as relacións familiares e o vínculo emocional que sente con Sylvia Plath.
E, todo isto, sen esquecer que, quizais, sexa ela a que arrastre o maior e terrible segredo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 190 |
  • Dimensións: 149x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-219-9 |