A herdanza Ferramonti
Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro gran caso de corrupción político-financeira en Italia.
A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis novos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modelo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza.
Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personaxes e no uso do discurso indirecto libre. A herdanza Ferramonti conta cunha adaptación cinematográfica (1976) que recibiu o aplauso do público.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Isabel Soto |
- ISBN: 978-84-128075-3-0 |