Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Redondo Abal, Francisco Xavier

O mar e a memoria

historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa.

De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado “ex profeso” á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936.

Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros.

En realidade, o acontecido en Malpica repítese en boa medida na maioría das vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.

Do Limiar de Dionísio Pereira
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 154 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8487-221-4 |