Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Galicia, a destrucion e a integración do patrimonio arquitec.

A depauperación e abandono dos centros históricos, as presións que soportan derivadas do crecemento mesmo da cidade, non van ser superados por unha política que centre a súa actuación sobre o patrimonio arquitectónico. Antes ben, é xustamente o enfoque oposto o que pode achegar algunha solución.
A rehabilitación dos centros históricos está supeditada, non ao Patrimonio Arquitectónico, senón á rehabilitación de toda a comunidade coas suas necesidades e aspiracións. Comunidades en retroceso desligadas dos factores de desenvolvemento non van recuperar a súa vitalidade nen a súa identidade perdida simplemente por recuperaren unha utilización do seu patrimonio. Antes ben, nun amplo programa de rehabilitación dos centros históricos, o patrimonio construído ocupará un lugar, ben que un lugar espécifico e definido, no amplo conxunto de medidas a doptar de índole económica social, cultural e política.
Velaquí a filosofía do debate que se desenvolveu nas III Xornadas de Arquitectura Galega, propiciadas polo Colexio de Arquitectos en maio de 1981, en torno á situación do patrimonio construído.
  • Editorial: COAG |
  • Páxinas: 176 |
  • Dimensións: 230x250 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-85665-05-1 |