Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rodríguez Queda, José B.

Seca

Esta publicación ten a súa orixe e é resumo dunha investigación levada a cabo por cinco profesores do Departamento de Construcións Arquitectónicas e varios alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidad da Coruña. Os traballos realizáronse, dentro do marco do Proxecto de Investigación «Construcións tradicionais de xunta seca en Galicia «, financiado pola Consellería de Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os textos e a documentación publicada neste libro só son unha mostra moi reducida do material recopilado e estudado ao longo dos traballos de investigación. Este material atópase ordeado e clasificado no arquivo do Departamento de Construcións Arquitectónicas.

A publicación, pola súa brevedade e polo seu esquematismo, posue un marcado carácter de guía coa que tan só procúrase facer unha chamada de atención, despertar a curiosidade por unhas construcions que non teñen despertado o interése que merecen, nin se teñen valorado suficientemente, contribuíndo á posta en valor e á conservación dun patrimonio construtivo en vías de desaparición como consecuencia do seu descoñecemento. Unha obra de divulgación guiada polo rigor descritivo e documental de sistemas construtivos tradicionais que resultan fortemente determinados polo clima, o territorio, o sistema productivo e os materiais.
  • Editorial: COAG |
  • Páginas: 144 |
  • Dimensiones: 210x300 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-85665-40-2 |