Manuel María e o Val de Quiroga
Ademais dos seus Sonetos ao Val de Quiroga, Manuel María (na fotografía cando recibiu de mans de Xoán Rolo a insignia da Irmandade de Fillos e Amigos de Quiroga) escribiu extensamente sobre a comarca. Publicou artigos sobre Montefurado, sobre os antigos bares de Quiroga, sobre os personaxes populares da comarca, como a bruxa de Torbeo ou sobre O Penela, un gaiteiro moi pequeniño que subía ao tren en Ponferrada e tocaba a gaita durante toda a viaxe ata Monforte. Tamén escribiu un conto titulado O Kricói está no Cereixal, que está ambientado nunha aldea de Quiroga que se chama realmente así e que xa quedou deshabitada nos anos sesenta. A súa avoa, Consuelo Casanova, nacera nese concello e nel tiña tamén varios familiares.
En Manuel María e o Val de Quiroga, Xosé Estévez non fai só o enxalzamento do poeta chairego, autor referencial na poesía galega da posguerra, senón que nos achega unha vibrante homenaxe ao Val de Quiroga como patria natal e eido poético da Ribeira Sacra. A súa suxerente proposta, cun amplo despregamento documental, convér- tese deste xeito nun exercicio de memoria onde a obra quiroguesa de Manuel María serve de ponte entre o sentimento local e o senso colectivo da patria.

- Editorial: Chan da polvora |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-128741-9-8 |