En terra allea
En terra allea aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama, onde, ao final, triunfa o amor.
Un retrato real, traumático, dun feito que se pode ver acotío e unha chamada á solidariedade e á colaboración de todos.
Un retrato real, traumático, dun feito que se pode ver acotío e unha chamada á solidariedade e á colaboración de todos.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 208 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1176-349-3 |