Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Isern Iñigo, Susanna

Algo pasa na casa do lobo

Amencía no bosque.
Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño…
Cando as familias do bosque se decatan de que as súas crianzas aparecen polas mañás noutros fogares, preocúpanse e saen ao bosque para investigar, en plena noite. Con grande asombro descobren que algo moi estraño está a acontecer…
Estrutura narrativa atractiva e armada con altas doses de misterio e suspense que desemboca nun final inesperado, xogando coa sorpresa fronte ao perfil clásico do lobo, personaxe principal da historia.
  • Editorial: OQO |
  • Páxinas: 36 |
  • Dimensións: 250x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9871-746-4 |