Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Rodríguez, Alfonso

LÚA PLENUR

Araña... É un libro de poemas urxentemente “atrasados” que abranguen moitos anos distintos da miña vida e obra e graza e quizais algunha desgraza tamén. Antoloxía desastrosa de ires e vires, porvires e memorias, desmemorias, lagoas e mares enormes de rabias e outras internas harmonías que humildemente enxalzan sentimentos que botan e rebotan nas miñas almas e nos meus corpos.

Con certo romanticismo percorro xeografías de continentes e contidos sentimentos ás veces cuspíndoos outras cara á beleza minúscula e maiúscula e contra a infamia de ordes imperantes que subxugan as existencias todas dos centos de mundos que non dan collido neste.

Araña… é tamén limbo de baba por inxestión de demasiada gasosa inoculada para pretendidas salvacións mais tamén é reflexión e observación das cousas todas ou case, mentres quedaba nicotina na despensa.

Alfonso Rodríguez

"Paper..." O surrealismo e o automatismo deste poemario por veces egocéntrico e terminal é pura pose. No fondo todo está malpensado e orneado por anticipado.

Paper é antoloxía de poemas recentes e semi-recentes da miña obra á que lle falta poñer escaiola e polo tanto ten a cabeza oca. Mais tampouco hai falso teito, é todo moi honesto e honrado senón fora porque os poetas somos todas uns farsantes. Estes poemas que conforman un libro negro aluden a variadas temáticas que oscilan arriba e abaixo nos interiores da miña alma que verque ao espazo e aos espazos que pode letras de sopa boba e ráfagas sen sentido aparente máis que paixón polas artes e partes que corresponden a un regurxitar e presentar pasados e futuros con ringleiras tortas e tortas de mazá. Paper son follas que nin sequera merece a pena ser contadas porque Paper non é nada válido, Paper é sen dúbida minus bálido.

Alfonso Rodríguez
  • Editorial: Saurobuks |
  • Idioma: Galego |