
A praza do Diamante
Na Barcelona convulsa da preguerra e da posguerra, Natàlia Colometa arrástrase entre as tarefas domésticas, os fillos, o pan e a escaseza, sen apenas saber quen é. A súa é a historia dunha muller sometida a un matrimonio opresivo nun mundo que lle impón silencio e obediencia, pero tamén a dunha conciencia que esperta, a dunha linguaxe que se abre paso ata atopar a súa verdade. Mercè Rodoreda constrúe un relato inesquecible sobre a perda, a resistencia e a procura dunha voz propia, un clásico contemporáneo sobre a experiencia da submisión e do medo, contado desde o corazón dunha vida aparentemente pequena en que latexa, porén, a historia colectiva dunha xeración de mulleres.
Publicada por primeira vez en Barcelona en 1962, velaquí unha das grandes novelas europeas do século XX.
- Editorial: Rodolfo e Priscila |
- Páginas: 240 |
- Dimensiones: 135x200 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: Vilaboi Freire, Pilar |
- ISBN: 978-84-127852-7-2 |