Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

ESMORÍS, ÉRICA

O PECULIAR

No barrio do antigo porto hai un bar que nunca pecha.

Chámase O Peculiar… e dentro del atoparás:

un pirata coxo que loitou contra icebergs
unha nai con cinco xemelgos rebuldeiros
dous inimigos que se adoran
unha avoa que todo o xulga
e moitos personaxes máis!

Para Comba, O Peculiar é o centro do mundo e os seus clientes, unha extensión da súa familia… ata que, de súpeto, morre o avó e chega o tío Balbino cun can anano e unha maleta cargada de plans.

Poderán Comba e os extravagantes clientes do bar deter a modernidade que ameaza con borrar para sempre a esencia do Peculiar?

Un libro cheo de humor e aventura sobre unha nena, un bar e os seus clientes e todo o que pode pasar cando o que máis queres está a piques de desaparecer.
  • Editorial: Cuarto de inverno |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 979-13-990138-2-5 |