Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

MERLÁN, PAULA | Miranda Moreno, Laura

Piolliños

Aroa e Adri son os mellores amigos, teñen moitas cousas en común, tantas... que ata comparten piollos!
Mais non quedarán de brazos cruzados e poranse a traballar para facelos desaparecer.
Serán quen de acadar o seu obxectivo?
Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán?
Piolliños é un álbum ilustrado divertido e cheo de cor que entretén á vez que ensina á cativada sobre os diminutos seres que ás veces aparecen na nosa cabeza.
  • Editorial: Antela |
  • Páxinas: 44 |
  • Dimensións: 220x220 |
  • Idioma: castelán |
  • Ilustración: Miranda Moreno, Laura |
  • ISBN: 979-13-990609-1-1 |