Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Os rótulos da nosa vida

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.

Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.

Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.

Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 240x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-512-1 |