Os rótulos da nosa vida
Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.
Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.
Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.
Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.

- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 128 |
- Dimensiones: 240x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1176-512-1 |